Dúas alumnas de Bande, premiadas cos seus relatos

Dous rapazas de Bande, Ares Lamas González, de 12 anos, e Victoria Feijoo Quintas, de 17, obtiveron o primeiro e segundo premio, nas súas respectivas modalidades escolares, no  concurso de relato oral " XIV Tíralle da lingua", convocado pola Asociación Socio-pedagóxica Galega.

A fase final do certamen celebrouse a semana pasada no instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Nela participaron catro rapaces do IES Aquis Querquernis de Bande, coordinados polo Equipo de Normalización Lingüística, dos cales dous resultaron gañadoras.

O relato dun conto dos irmáns Grimm, "Os catro amigos", por parte de Ares Lamas acadou o primeiro premio do nivel de 1º ciclo da ESO (500 euros a repartir ao 50% entre a alumna e o centro). Victoria Feijoo fíxose cos 150 euros (e outros 150 para o centro) no nivel de 2º ciclo da ESO e ensino postobrigatorio cun monólogo dunha contadora latinoamericana sobre a amizade "Tipos de amigas".

Te puede interesar