Programa de Nadal

Feira de Nadal e teatro en Lobios para celebrar a Noiteboa

lobios
photo_camera Decoración nas rúas de Lobios.
Arranca o programa de Nadal do Concello

Coa decoración das rúas e o programa pechado, chega o Nadal ao Concello de Lobios. Este venres celébrase a Feira de Nadal na Travesía do municipio, unha cita na que os veciños e visitantes poderán desfrutar da gastronomía galega, como unha ración de pulpo ou un prato de bacallau.  Mentres, ás 12,00 horas, o Edificio Multiusos acolle a obra de teatro “O soño dos golfiños”, un espectáculo para todos os públicos.

Continuando coa programación de Nadal, o domingo, a Escola de Música de Lobios celebra un concerto de Nadal en colaboración coa Banda de Música do municipio. A cita será no Edificio Multiusos ás 17,00 horas e o aforo está limitado debido a situación sanitaria derivada da pandemia.

E o día 5 de xaneiro chega a cita máis esperada polos cativos, a Cabalgata de Reis. Dende as 16,00 horas haberá un desfile dende o cuartel ata a Praza Roxa. Tras a recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar, entregaranse os premios do concurso de debuxos e contos dos alumnos do colexio do Xurés. Tamén se entregarán lambetadas para todos os asistentes -de 0 a 12 anos-, mentres que os cativos empadroados no Concello recibirán variados agasallos.  

Para rematar a actividade en Lobios, do 10 ao 31 de xaneiro, a Biblioteca Municipal acollerá a exposición deses debuxos e contos feitos polos nenos do CEIP do Xurés.

Te puede interesar