SUCESO

Ferido ao cortarse cunha rebarbadora en Lobios

O home estaba a traballar pola súa conta cando tivo lugar o accidente

O CAE 112 Galicia informou que no concello ourensán de Lobios, un home resultou ferido onte, a última hora da tarde, ao cortarse cunha rebarbadora. O varón estaba a traballar pola súa conta no lugar de San Paio, na parroquia de Araúxo, cando se produciu o accidente.

Ata o lugar do suceso se desprazaron dúas ambulancias, como informou o GES de Lebios ao 112 Galicia, minutos despois das 20:30 horas. 

Te puede interesar