Lobios se suma a la estrategia de promoción de la salud nacional

Concello de Lobios
photo_camera Concello de Lobios
Lobios aproba unha estratexia para mellorar a saúde e prevenila

O Concello de Lobios aprobou no pleno celebrado no día de onte, a súa adhesión á Estratexía de promoción da saúde e prevención no Sistema Nacional de Saúde, promovida pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio de Sanidade.

O programa propón o desenvolvemento progresivo de intervencións dirixidas a promocionar a saúde, a previr as enfermidades, as lesións e a discapacidade, actuando de maneira integral durante todo o curso da vida sobre factores como a actividade física, a alimentación, o tabaco, o alcol e o benestar emocional.

A decisión de sumarse a rede estatal para o fomento dunha vida máis saudable inclúe a constitución dunha mesa intersectorial, que se celebrará o proximo dia 6 de novembro na Casa do Concello. Un grupo de traballo  que contará coa participación dos representantes de entidades e colectivos que participan de xeito directo ou indirecto no ámbito da saúde, “para que poidan aportar a súa visión da situación actual e facer achegas de cara a establecer estratexias futuras de traballo no ámbito local”, subliñaban dende o Concello.

Entre os obxectivos da mesa intersectorial destacan o feito de informar á veciñanza a participación da entidade local na Estratexia e identificar os recursos comunitarios, coa finalidade de pontencialos e que se lle poidan dar a coñecer, para a súa posible utilización nas acción comunitarias que se promovan.

Te puede interesar