O Consello aprobou a colaboración técnica e financeira nas obras de saneamento en Coles

A Xunta financiará novas áreas de ocio no Rañadoiro

El Concello de Coles es uno de los siete ayuntamientos ourensanos que recibirá ayudas.
O Consello da Xunta aprobou unha inversión de case 170.000 euros no concello ourensán de Muíños, co fin de levar a cabo unhas obras de acondicionamento de espazos públicos no núcleo rural do Rañadoiro.Esta actuación, que comprende unha superficie de 2.518 metros cadrados, permitirá que os veciños do Rañadoiro poidan manter o uso desta zona como elemento e espazo de lecer.
Para facer as accións programadas procederase ao movemento de terras e á limpeza da zona das obras, con retirada de cascallos e os elementos situados na mesma. Así mesmo, levarase a cabo o rasanteo, o perfilado e a apertura de caixa co fin de colocar a base do pavimento. Posteriormente instalarase o mobiliario urbano, segundo as necesidades que se estimen no proxecto de execución das obras.

O acondicionamento beneficia a máis de 2.000 habitantes do concello ourensán de Muíños.

O Consello tamén autorizou a colaboración técnico-financeira da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Coles para a execución das obras de saneamento na Barra, As Lamas, Bamio de Fondo, Cimadevila e A Silva.

A Xunta realiza unha achega económica de 242.000 euros para a execución das citadas obras hidráulicas. Este investimento efectuarase en dúas anualidades que se corresponden co presente ano 2010 e o vindeiro 2011. Deste xeito, a Administración Hidráulica de Galicia financia o 100% do proxecto.

Ademais o Consello decidiú aportar tres millóns de euros para extender a rede de gas en 16 núcleos de poboación de Allariz, A Rúa e O Barco de Valdeorras.

Te puede interesar