A-52, cada vez máis deteriorada

Se hon hai que o remedie, en pouco tempo a vía de circulación máis importante da provincia de Ourense, a A-52, volverase intransitable polo mal estado do seu firme.
O Ministerio de Fomento parece que só ten a preocupación nos últimos tempos de adicar diñeiro para o pintado das sinais horizontais nas principais estradas de Ourense. Con ser importante, non é menos que se cuide tamén o piso. Se circular pola N-525 ou 120 xa é nunha odisea, o deterioro chega agora ó vial máis importante que atravesa a provincia, a autovía das Rías Baixas (A-52).

Pero o máis denigrante é a forma de solucionar os baches, coma antiguamente, peor ca nun país terceiromundista, polo que en moitos tramos o carril da dereita parece un camiño de monte. ¿Para cándo un novo piso?

Te puede interesar
Más en Cartas al director