actitudes do bng de maceda

Cando me falaban de 'secta', eu pensaba que esaxeraban. En primeiro lugar quero deixar moi claro que as actuacións que aquí imos relatar, non lle-las atribúo ao BNG como organización, senón a xente que esta a dirixir o BNG en Maceda. Democracia, e a confluencia de distintas opinións e puntos de vista, esto parece moi básico, pero en Maceda atopámonos con que dende a agrupación local da organización nacionalista, día a día, torpedean este sistema, e fano con actuacións que eu me atrevería a cualificar de 'noxentas'.
Dende a publicación da lista municipal do PP en Maceda, sufrimos os envites traizoeiros desta xente, atacando onde máis doe, e moito máis neste momento de crise, no traballo dos integrantes da nosa lista. Non se trata nin dun caso nin de dous, temos varios casos nos que polo simple feito de estar incluído na candidatura, convertéronse en 'branco' a destruír. Aproveitando nalgunhos casos aos 'amigos' colocados durante a etapa do bipartito na Xunta, e noutros aos achegados e familiares. En tódolos casos nos que tocaron, polo momento, non acadaron o resultado esperado, xa que, por un lado, as persoas sobre as que actuaron estiveron e están a realizar correctamente o seu traballo, e polo outro, os responsables destes traballadores son xente seria e coherente, polo que non se dobregaron ante as presións.

As presións e ameazas non se quedaron so nos integrantes da lista, senón que chegaron incluso ate colaboradores e simpatizantes, simplemente lembramos, por citar un caso, o asunto do local da sede, que despois de ter colocada toda a carteleira para as eleccións, houbo que retirala por non se sabe qué.

Estas actuacións , e sobre todo estas formas, que son opostas ao espírito democrático de calquera veciño ou calquera organización sexa política ou non, so caben nunha mente tan maquiavélica como a do 'líder', o alcalde na sombra. Tanto tempo proclamando o espírito democrático, a liberdade, e cando tivo poder directo ou ten poder indirecto, úsao desta forma. Qué mágoa, qué decepción.

Te puede interesar
Más en Cartas al director