unha afrenta a rosalía de castro

Rosalía de Castro é a literata emblemática de Galicia.
A súa imaxe saía nos billetes de 500 pesetas. Casou co ilustre galeguista Manuel Murguía e as mortes dos seus fillos afectárona profundamente e deixaron pegada na súa obra poética. Na que non cantaba ás pombas e ás flores, senón que atendía na súa poesía ás xentes humildes da súa terra e ás mulleres en xeral. O seu romanticismo baséabase na recuperación da tradición oral e da literatura popular, como se pode comprobar nunha das súas principais obras: 'Cantares Gallegos' (de 1863). E no intimismo e no compromiso social coas xentes do seu país, como en 'Follas Novas' (de 1880).

Co éxito da súa obra axudou a restaurar a conciencia galeguista. En 1963 adicouselle o primeiro Día das Letras Galegas. O ano pasado cumpríuse o aniversario número 125 da súa morte e pasou case totalmente desapercibido. Unha mágoa e case unha afrenta.

Te puede interesar
Más en Cartas al director