Agradecemento da familia Cuíña

Dentro da dor que vivimos nesta familia queremos expresarlle as nosas máis sinceras grazas polo trato que o medio informativo que vostede dirixe lle veu dando á triste nova do pasamento do noso home, pai, avó, fillo e irmán, Xosé Cuíña.
Grazas pola información clara e concisa, sobre a súa vida e a súa traxectoria. Grazas por non esquezer o seu traballo sempre a prol de Galicia e grazas, por cada unha das verbas de tantos comentaristas que, sen dúbida, coñecían ben ao político e á persoa de Xosé Cuíña e, dende o corazón, lle fixeron con cada unha desas verbas a mellor homenaxe.

Nós, a familia de Xosé Cuíña, desexamos facer público o noso agradecemento.

Te puede interesar
Más en Cartas al director