AGRADECIMIENTO á PLATAFORMA 'INCINERADORA NO IRIXO NON'

A día de hoxe, gustaríame agradecer a todos os impulsores da manifestación do pasado sábado no Irixo.
Agradecerlles que conseguisen facer chegar a tantas persoas de fóra, xa que os propios implicados (residentes no concello) non se mostran interesados nin queren o seu concello. Ademais, é ben sabido por todos que os que mellor organizan a túa casa sempre son os de fóra. Agradecer a todos os que foron, en especial os do Irixo. Sobre todo agradecerlles ós que se preocupan polos negociantes do concello, polos que teñen familias con membros no paro e ós que pensan nunha vida no seu pobo. Grazas por pensar en todos nós. Tamén agradecer os vosos sabios consellos; en especial , agradecerlles ós que nos informan das dioxinas que produce a incineradora que, por se aínda non volo dixeron, producen cancro.

Grazas tamén ós que nos informan de que contamina, grazas por avisarnos de que a incineradora será a fin do concello. Grazas por pensar para nós nun concello sen traballo, sen xente, en definitiva, sen vida. Pero iso sí, grazas por un concello limpo. O Irixo será, como é, un concello sen contaminación porque dende hoxe as ondas de televisores, microondas e teléfonos non serán canceríxenas, os aerosois que utilizamos nas nosas casas tampouco contaminarán, como tampouco o farán os nosos sistemas de calefacción ou a queima de vexetais que realizamos sobre todo agora, na época de inverno.

Tamén non debemos esquecernos das nosas colleitas, que son 100% naturais porque no Irixo, dende agora, os insecticidas non as contaminan. Ademais só consumiremos sementes naturais non transxénicas; deste mesmo modo só consumiremos alimentos das nosas hortas, os máis naturais, sen esquecernos de que os veciños do Irixo conducimos tamén coches que non contaminan. Deste modo debemos apoiar a plataforma Incineradora no Irixo Non porque 'é mellor que sexa incineradora en Dozón , así teremos a mesma contaminación pero sen beneficios', 'en tempos de crise o mellor e dicir non o traballo', 'no noso concello non queremos melloras económicas' (polo tanto señor alcalde non queremos máis magostos nin festas de entroido, non precisamos dun pavillón e por suposto os nosos fillos non precisan de garderías gratuítas), 'quedamos todos librados do cancro, sen incineradora non haberá máis cancro no concello como non o houbo ata agora'.

Por último gustaríame dirixirme en primeiro lugar ós que participaron na manifestación e non son do concello, se en vez de vir aquí a manifestarvos comprarades unha casa e crearades un negocio entón eu tamén direi non a incineradora. E en segundo lugar, ós nosos veciños do Irixo que pola semana viven nas cidades, convidalos a deixalas xa que por se non o saben están cheas de contaminación e a saúde debe estar por riba do traballo, como di o voso lema: a saúde non se vende. Deste modo o mellor si podedes facer un ben ó concello.

Te puede interesar
Más en Cartas al director