'AGUIEIRO', O PERIGO NAS PRAIAS BRAVAS

Sensibilizado e solidarizado co problema acontecido na praia de Riazor/Orzán, e tendo a experiencia para evitar este tipo de desastres, paso a comentar o asunto.
Non é un problema de bandeiras de alerta nin de estacións do ano. É un problema de coñecimento e de información. Non hai heroes nen imprudentes. Non hai bebedos nen salvavidas. Nas praias bravas como a do Orzán na Coruña, existe un perigo natural descoñecido polas autoridades e polos cidadáns que ten nome: chámase 'aguieiro'. Esto é unha forma de areas movedizas combinada coa marea que, o ir camiñando pola veira do mar, de repente desaparece o firme engulindo para o fondo cualquier cousa que por alí pase. Este fenómeno é incontrolable e cambiante de zona, con fosos de diferentes alturas producidos pola forza do océano nas praias bravas a unha distancia aproximada de 50 metros do cantil. En todas as praias de mar aberto como a da Frouxeira, Pantín, Riazor/Orzán, etcétera, existe este perigoso feito natural. Debo dicir que os mortos ou afogados son producidos por absorción inmediata, podendo botar moito tempo desa-parecidos e soterrados pola area no mismo pozo onde foron absorbidos, dependendo da profundidade das fosas.

O que soscrebe é o último e máis novo 'braveiro' de Sada, que fai máis de 40 anos ía a pescar as praias de fora cun aparello chamado 'brava', unha rapeta xigante. Nesta pesca gañabase moito diñeiro, por eso algúns mariñeiros arriscaban, pero traballando con cautela. Por eso, e antes de largar o aparello, dous homes saltan desde a lancha o mar cun cabo atado a cintura para recoñecer o terreo, camiñando pola praia para comprobar si existe aguieiro.

Te puede interesar
Más en Cartas al director