ALCOHÓLICOS ANÓNIMOS

O sábado 23 de xuño de 2012, ás 20,00 horas, celebrase o XI Aniversario da apertura do primeiro Grupo 24 Horas de Alcohólicos Anónimos en España, o Grupo 24 Horas Ourense. É o aniversario de sobriedade de 48 dos seus compañeiros, cunha xunta pública de información sobre o alcoholismo no Campo da Feira da cidade de Ourense, unha pulpada e un baile. A entrada é gratuita.
O Grupo 24 Horas Ourense é, como todolos Grupos 24 Horas de Alcohólicos Anónimos do mundo, unha comunidade de homes e mulleres (todos eles enfermos alcohólicos) que mediante a operancia do programa da asociación intentamos resolver o noso problema común e axudar a outros alcohólicos a rehabilitarse do alcoholismo. Non estamos afiliados a ningunha relixión, asociación ou institución ningunha. Non temos ánimo de lucro, non cobramos dereitos nin cuotas, nin recibimos ningún tipo de axuda, donativo ou subvención.

Te puede interesar
Más en Cartas al director