ALEGATO Á PROFESIONALIDADE no pavillón

O Pavillón dos Remedios de Ourense foi un lugar común onde pais e nais ourensáns acudiron a levar ós seus fillos a idades moi temperás para aprender a nadar. Despois duns dezaséis anos adicándome a labores didácticos na cidade, agora tócame, ademais, ser nai e facer o mesmo cun dos meus fillos. Cal é a miña sorpresa? Este centro deportivo, que eu tiña idealizado, pon en práctica, a través dalgúns dos seus profesionais, estratexias de aprendizaxe non só nada didácticas, senón traumáticas para nenos destas idades.
Chegados a este punto, moitos estaredes pensando…noutra nai hiperprotectora. Dende un plano estritamente profesional, debo dicir que a formación e supervisión didáctica a estes técnicos deportivos paréceme urxente. Xunto cos relatos de alumnos e pais que constatan estes feitos, cada vez son máis os que desvían os seus fillos a outros centros deportivos, públicos e privados, con tal de non pasar por este trance.

Non obstante, como nai observadora, e despois de vivir determinadas experiencias, noto que hai, entre outros, un excelente profesional, a quen nenos e pais vanaglorian na mesma proporción en que a empresa o subestima. Preocúpame profundamente este feito socio-laboral cada vez máis recorrente: excelentes profesionais con síndrome de burn out castigados por superiores, directivos e …xuíces que, únicamente, merecen a condena ó ostracismo.

Te puede interesar
Más en Cartas al director