UN ASASINATO DIVERTIDO

Abro o periódico e o primeiro que vexo é a foto dun touro desangrándose sobre a area.
A imaxen paréceme tan cruel, que aparto rápidamente a vista ao tempo que movo nerviosa o rato do ordenador para non volver a atoparma. Casi de reollo leo que o ministro Wert pretende aprobar un plan de fomento dos touros como 'feito cultural'. Se xogáramos a relacionar palabras e eu dixera 'Jesulín de Ubrique',¿algún de vós diría inmediatamente despois 'Castelao' ou 'Picasso' relacionándoos como elementos culturales? ¿É comparable ir a unha biblioteca, a un museo ou a un concerto con acudir a unha praza de touros a ver como agoniza un animal?

Se respondemos de maneira afirmativa, quererá dicir que a ignorancia desplazou valores como a sensibilidade e o respeto polos animais. Hai quen o reivindica como unha tradición, pero non se deduce do feito de que algo sexa tradicional, que teña que ser ético, e que polo tanto se deba perpetuar. Pagar por ver como torturan a un touro ata que acaba vomitando sangue e morrendo, mentras te tomas unha caña e un bocata e comentas co do lado 'qué mal vai o país', non me parece unha tradición, paréceme repugnante. Ademáis, estaríamos bos se no mantemento dos costumes non tivéramos en conta o noso grado de desenrolo e valores morais, e seguíramos por exemplo, realizando execucións públicas nas plazas de pobos e cidades co pretexto de que durante xeracións o pobo considerounas un espectáculo de primeira orde.

Por outra banda, presenciamos atónitos como se destinan millóns de euros para a financiación da tauromaquia mentres se recorta en cultura e benestar, e como por exemplo, mentres o Goberno de Esperanza Aguirre recorta salarios de profesores/as e medios aos colexios públicos, se enorgullece por destinar miles de euros a organizar excursións de escolares ás prazas de touros.

Somos moit@s @s que cremos que a tortura, o asesinato e o desprezo aos animais non forman parte da cultura deste país, e que ollo, tampouco estamos dispostos a mirar para outro lado mentres hai quen se lava as mans co seu sangre.

Te puede interesar
Más en Cartas al director