benvida á xubilación

Aquí, nas saias do Monte Medo e mirando cara o Santuario, estou a velo igual que fai 65 anos, os anos da tua andaina pola vida, na que tantos cambios houbo, vida que comeza alá polo san Xoán do corenta e sete cando Sergio e Leopoldina ofrecíanlle agasallos, pola tua chegada ó mundo, a esta Virxe dos Milagros.
Hoxe, eles non están, coma tanta outra xente que ó longo da túa viaxe fuche deixando que da vida se baixasen, pero houbo moita outra que a ela se foi subindo, ademáis de Brandín, o teu incondicional compañeiro, que os Milagros deixou para vivir á tua beira, vintecinco ou máis cada novo curso, nenos e nenas que te recordarán con agradecemento pola túa adicación á sua digna formación. Formación que compartiron cos dous que tes na túa casa, Carlos e Nuria, claro exemplo das bondades do teu bo facer e o teu bo corazón.

Hoxe téñoche que dar a benvida a esta etapa, que se supón de recompensa, inda que nós xa fomos recompensadas coa que antes nos tocou. Agora, despois de Huesca, Madrid, e por fin Ourense, e sin tantos novos nenos cada ano, disfrutarán do teu precioso tempo ese outro pequeno Sergio, e esa cousiña pequena que xa de camiño está, disfrute ó que eu me quero sumar. Por eso, querida Loren, falar de Xubilación case que mellor non. Gracias por estar ahí cando te precisei, gracias po rir, por chorar, por cantar, bailar e sentir comigo, agardo compartir contigo os andares diste novo camiño.

Te puede interesar
Más en Cartas al director