CAMILO ALVAREZ, UN MEDICO SEN ALFANDEGAS

'Os médicos coma cervexa, mellor canto máis vellos' (Thomas Fuller, historiador e clérigo inglés, S. XVII).
Coñecín a Camilo Alvarez a finales da década dos sesenta en Santiago de Compostela. Dende aqueles tempos gardo pra el uhna fonda amizade, coma, tamén, un recoñecemento sinxelo de seren un home de ben. E dos que se chaman homes feitos a se mesmos.

Nunha facultade coma a de Mediciña, que daquela era un coto corporativista ou elitista, aquel xoven, membro dunha modesta familia, chegou co tempo na súa laboura profesional a convertirse nun dos mellores especialistas no cancro de mama, auténtico flaxelo das mulleres, hoxe en día. Mais, teño a obriga de engadir que sempre foi xeneroso, cando a fame nos perturbaba naquela gris Compostela. A xenerosidade amosouna dende entón. Sempre tivo a mán aberta cando acudía un a consello ou algún favor pra a un doente.

Vense de xubilar forzosamente do Sergas. Víctima da nova política sanitaria, que leva a cabo o Estado. Recortar, recortar. Non importa que estemos a falar dun dos mellores especialistas, que aos seus 65 está na súa madurez profesional. A idade non pode ser unha alfándega, un valado con concertinas melillenses. E así nos vai. Unha razón que esgrime a oligofrénica conselleira de Saúde, é cos maiores incurren no absentismo laboral, e que, tamén, supón un coste engadido as exencións das gardas dos médicos de maior idade.

Isto é un insulto. Se alguén incurre en tan devandita falla, pra qué están as inspeccións médicas? Ou será que estamos sobredimensionados de galenos? Nin eso. A nosa ratio de médicos por cada 100.000 habitantes (475,82) está por debaixo da media estatal. Ocupamos o posto número 11 das 17 Comunidades Autónomas. Nembargantes, suprimimos galenos. A nosa tasa de reposición é alarmante, o 10%. No que vai de ano, teñense contabilizado 256 xubilacións. Non interesan as valías contrastadas distes, agora, eméritos.

A saúde, señoría, é máis que números; é un direito consustancial co máis elemental direito, que é a propia vida. Se cercenamos as mellores cabezas do estamento sanitario público, coma a de Camilo Alvarez, que é o que nos agarda? Eu, coma moitos paisanos, non poremos estar en máns de prestixiosos especialistas, ao ter que acudir a sanidade privada, e na que Camilo continuará coa sua sapiencia e experiencia. Pra el, quo honore est gratia.

Te puede interesar
Más en Cartas al director