CANTARES GALLEGOS

É unha obra poética de Rosalía de Castro (Santiago 1837- Padrón 1885), que como todos sabemos trátase da literata emblemática da cultura galega. 'Cantares gallegos' está inspirada nas cantigas populares e nela denuncia a miseria e a emigración á que se vía sometido o pobo galego. A súa publicación, na que Manuel Murguía -o seu marido- tivo un papel fundamental, foi en torno ao 17 de maio de 1863 e supón o inicio do Rexurdimento e a restauración da conciencia galeguista.
O Día das Letras Galegas conmemora esta efeméride e hogano celébrase o 150º aniversario da súa publicación. Posteriormente, en 1880, publicaría 'Follas Novas', obra lírica intimista. E en castelán publicou: 'La flor', 'A mi madre' e 'En las orillas del Sar'.

Foi unha poeta romántica de gran éxito, valente e rebelde, comprometida coas clases populares do seu país. En Galicia hai monumentos e rúas na súa memoria e a súa figura permanece viva. Os seus poemas foron cantados e musicados por varios artistas, entre os que eu destacaría a Amancio Prada, natural do Bierzo. 'De ti vivo namorada, / en ti penso con fervore, / qu'eu ben sei que che contenta / este puro e santo amore'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director