o casco antigo de verín, un gueto

A Asociación de Profesionais, Comerciantes e Viciños do Casco Antigo de Verín quere por en coñecemento do público os sucesivos atropellos que, por parte do alcalde Jiménez Morán, estamos a sofrir os comerciantes e viciños dista zona perante os últimos meses. A finais do mes de marzo diste ano, sen previo aviso e de xeito ilegal, pecha todo o Casco Vello á circulación rodada, coa excusa da famosa peonalización. Dicimos ilegal, porque para tomar tal decisión non media nengún decreto da Alcaldía, nen nengún expedente de peonalización, así como tampouco nengún estudo xurídico ou técnico, como é preceptivo.
Solicitados por nós ao Concello tales documentos, nin se nos contesta, e a finais de xullo, cando metemos o asunto no abogado, aproveita o último pleno antes das vacacions para aprobar a toda presa unha ordenanza fusilada doutra do Concello de Ourense, que nen tan siquera tivo a vergoña de adaptala á situación do Casco Vello de Verín. Se na mesma se len os motivos e os fins da peonalización, producen vergoña allea. Son tan burdos os argumentos que se empregan para xustificar a mesma que calquera persoa normal pensaría que está vivindo en calquera outro sitio, menos en Verín.

Dentro dos obxetivos lemos: 1). 'Facilitar la circulación de peatones y su acceso a comercios, oficinas y viviendas'. ¿Estaba antes impedido o acceso aos comercios e vivendas? Agora sí que está dificultado polas xardineiras enormes que remata de colocar e hai moitos golpes de persoas maiores contra elas case que tódolos días. 2). 'Estimular la economía y el desenvolvimiento de dicha zona.' Tódolos comerciantes coincidimos en que, dende o primeiro día da medida a caída de ventas foi brutal. 3). 'Supresión de ruidos'. Habería que preguntarlle ao alcalde por qué os fins de semana na Alameda e na Rúa Muralla hai tanto gamberrismo e vandalismo, que irradian as rúas e prazas viciñas. Ise é o autentico problema gordo do Casco Vello e que este alcalde non quere solucionar e mira para outro lado.Esta situación ven ocorrendo dende hai ben de anos sen que se tomase a máis leve medida.

O máis curioso é que na mesma ordenanza de peonalización fálase de 'garantizar la pacífica convivencia y la mejora de la calidad de vida'. ¿Qué desfachatez é esta? Iste alcalde condenanos , non só a seguir soportando a mala calidade de vida, se non, nunha volta de rosca máis, a asfixiarnos económicamente. Está vostede creando un gueto, señor alcalde.

Te puede interesar
Más en Cartas al director