O CASO DOS PANEIS

Por fin despois de cinco anos de espera, a Audiencia non acha delito na actuación dos imputados no caso dos 'paneis'. E agora que? Quén lles devolve a honra? Quén lles restitúe a tranquilidade perdida? Quén lles facilita recuperar a súa vida normal, pasear pola rúa sen que sexan sinalados? En definitiva, quén lles quita o pesadelo sufrido durante os últimos anos?
Determinadas forzas politicas, neste caso o Partido Popular, forzan os instrumentos xurídicos para obter a través de canles procesuais vantaxas políticas, neste caso con consecuencias irreparábles, e agora se tivesen un pouco de decencia, como di un dos 'imputados', David Cortón, 'os que usaron este caso con fins políticos deberían dimitir'.

Neste país hai unha tendencia (o meu entender excesiva) a dirimir ante os tribunais controversias que non deberan saír do ámbito político. Deberiamos supor ao acusado inocente, mentres a súa culpabilidade non sexa probada. Estou de acordo en que quen a faga, páguea, pero só quen a faga.

Te puede interesar
Más en Cartas al director