A CESARITO MOREIRAS INGELMO, CON TODO AGARIMO

Cando, naquela tardiña do 24 de Xullo víspera do Día máis grande de Galicia, o sol ía caíndo e deitábase abrazando agarimosamente os outeiros de Ourense, no que foi a tua derradeira estadía no Hospital ,as túas mans quentiñas apertaban as miñas amorosiñamente. Cando os folgos que che quedaban eran apenas os xustos, dos teus beizos escoitei un recado para a túa nai, a nósa Isabelita ,exemplar ó que mirarse e ben querida por todos: ' Dale las gracias a Luisito'. Esas verbas quedaron para sempre conmigo, gardadas moi dentro.
Estas mesmas mans, que de pequeno , contigo no colo, amosábanche os frutáis na horta da casa dos nosos en Acebedo do Río, as que axudaron a erguerte por uns metros paaa levarte ó lombo cara a túa última morada e mesmo as que , de cando en vez, deixan alguna fror porriba da túa sepultura, quérenche agora voltar co maior respecto os agradecementos que sen ser merecente, me adicaches e agradecerche tamén o cariño que nos deches a todos.

Moi lonxe quedan aqueles paseos polas rúas da nosa Celanova benquerida, sendo miúdo, na compaña de teu irmán Quique, da man de voso avó Alberto, camiño dalgún bar para beber un algo e calmar as calores do sol abrasador dalgún xoves de mercado de verán. Lonxe tamén aqueles viaxes a Ourense, coas carpetas ateigadas de papeis, camiño da Casa da Xuventude para facer música coas túas viñetas irrepetíveis.

Daría algo neste intre para poder- con esta pluma coa que escribo estas verbas ter a mesma profundidade que ti puñas coa plumiña nos téus debuxos e saber decirche da maneira máis axeitada que fuches moi grande, con esa ferramenta e mesmo coa pluma dun xornalista claro e sinxelo, cronista de cousas da nosa xente, escoitadas por veces ao pé dos máis coitados, para os que tamén tiveches un alento de ánimo..

O 1 de Agosto, a Casa dos Poetas, da que tanto presumimos os viciños das Terras de Celanova, vaise abrir para ti. Teño a certeza que non vai a ser un día máis, non. Por fin os teus merecementos e a túa valía van ser recoñecidos públicamentenos e quedarán rexistrados para sempre nesa Casa. Todo o pobo de Celanova, familiares, amigos de todos estamentos que chegarán doutros lugares van dar testemuña do moito que te queremos, a pesares dos 21 anos da túa partida feita paseniñamente, coa aperta que che mandamos e que chegará ata onde estés.

Tamén, ós teus país, lembrando de xeito especial a túa irmá Isabel, quero decirlles o que vos os dous lles diríades, que os queredes, nos tamén os queremos e moito. Poida que cando estas liñas lean, os seus sentimentos se afonden aínda máis, pero eles e todos os que por alí pasarem os ímosche repetir: Seguides aquí con nós . Quixéstesnos e querémosvos , por sempre.

¡Noraboa! Grazas por deixarnos compartir a mellor parte da vosa vida. Césareo, Cesarito, Isabel, Isabelita, Quique, Esperalda, Olaya, Esmeraldita, Ilduara, estades sempre ó noso carón.

Te puede interesar
Más en Cartas al director