ciruxía pediátrica: OS NENOS-PORQUIÑO E O SAN MARTIÑO

Lendo os argumentos da conselleira de Sanidade e da Dirección Médica do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO) acerca de como debe funcionar Cirurxía Pediátrica (só se intervirán de urxencia nenos de máis de 7 anos e 30 kilos de peso, e o resto deberá ir a Vigo), veume á memoria a imaxe da miña avoa mercando porquinos na feira. Ela solía regatear co home que llos vendía:
-Entón ¿este canto tempo ten e canto pesa?

-Este tenlle 3 mesiños e pésalle 25, señora, sáelle en mil pesetas.

-¿25 só? Entón non cho quero, mírame millor un deses que son máis grandotes, ¿a como están?”

-Eses sonlle de 6 meses e andan polos 40 kilos, quédanlle en mil quinientas.

-Pois ponme logo dous, e déixasmos por duas mil quinientas, ¿non sí?

Esta mesma conversación pode ter lugar entre un pediatra e un cirurxián de CHOU:

-¿OPÉRASME ESTE RAPAZ?

-E LOGO ¿CÁNTOS ANOS TEN E CANTO PESA?

-4 ANIÑOS E 17 KILOS...

-Non podo amigo, xa sabes que só nos deixan operar ós de máis de 7 anos e 30 kilos, terás que mandalo a Vigo.

Así están os nosos nenos, en mans de xente que os trata coma se fosen porquiños. Independientemente do que teñan, se non son maiores abondo, ou non foron bos comedores e non chegan ós 30 kilos, téñense que ir operar lonxe da súa casa, familia e amigos, e os seus pais a chorar e a pagar.

Agardemos que os que 'mandan e organizan' entren en razón, deixen de regatear cos rapaces e arranxen pronto esta desfeita, para que non teñamos que lamentar ningún 'San Martiño' cos nosos fillos, porque entón poden ter a certeza de que o faremos caer sobre as súas conciencias.

Te puede interesar
Más en Cartas al director