o concello e as gasolineiras de cualedro

Hai uns días, dentro da miña responsabilidade como concelleiro no Concello de Cualedro, dei a coñecer a través dos medios de comunicación o feito de que a totalidade do carburante que consume o concello cada ano, sobre 9.000 euros, se compra na gasolineira da que é propietario o señor alcalde, xunto con outros membros da súa familia, a pesar de que en Cualedro hai outra gasolineira na que non se consume nin un só céntimo.
Cando os medios de comunicación o chamaron para contrastar a noticia, e dado que non a podía desmentir porque é certa, dedicouse a pór o 'ventilador' para intentar desviar a atención sobre un feito grave de utilización do poder en beneficio propio, dicíndolle aos xornalistas que eu daba a coñecer esa información porque o que quería era que se consumira na outra gasolineira por ser propiedade, ao 50%, do meu pai, a pesar de que sabe perfectamente que esa gasolineira leva alugada desde hai máis de 13 anos e que polo tanto, nin eu nin, a miña familia, temos ningún interese persoal de que o Concello consuma na mesma parte do que gasta en carburantes, porque nin gañamos nin perdemos nada con que o faga, ou o deixe de facer.

O único interese que me move, a min e a miña organización política, Compromiso por Galicia, á hora de denunciar estas situación de abuso de poder, é o de que a ética e a transparencia estén presentes a hora de gobernar as institucións públicas. Nada máis, nin nada menos,… vostede, señor alcalde, ten un interese persoal e gaña diñeiro cando o Concello gasta na súa gasolineira. A min, sen embargo, resúltame indiferente desde o punto de vista do interese persoal que se consuma o carburante na súa gasolineira ou na outra, porque non teño ningún interese persoal.

Coa súa decisión absolutamente falta de ética e de dignidade, o que vostede demostra e unha clara discriminación respecto a outro negocio do mismo Concello, adicado a mesma actividade do que vostede e a sua familia rexentan é que paga os impostos en Cualedro, e polo tanto ten o mesmo dereito ca vostede a que o gasto que fai a institución municipal en carburante, como mínimo sexa repartido entre as dúas en pé de igualdade e con absoluta transparencia.

Señor Luciano Rivero, o feito de ser alcalde non lle dá dereito a facer o que queira, e moito menos a intentar confundir aos veciños, dando a enteder que todos somos iguais… porque non somos nin parecidos. A miña implicación en política, a diferencia de vostede, non me deu ningunha praza de funcionario no Concello, nin me reporta ningún tipo de beneficio económico. Dase conta da diferencia entre vostede e máis eu?... Ao meu xuizo, é bastante clara.

Te puede interesar
Más en Cartas al director