AS CONCHAS: UN DEPÓSITO DE RESIDUOS TÓXICOS

O encoro das Conchas sofre un proceso de contaminación tan intenso, que está convertido nun auténtico depósito de residuos tóxicos. Amonio, nitratos, fosfatos e bacterias de diverso tipo están a incrementarse de ano en ano, sen que se lles poña coto a esta cadea de despropósitos. Vamos a utilizar termos médicos: diagnóstico, pronóstico e terapia, para visualizar a situación dun enfermo en situación crítica.
Diagnóstico: os datos aportados por o grupo Albiotox, da Universidade Complutense de Madrid, poñen os cabelos coma escarpeas ó ver os elevados rateos de contaminación e os efectos negativos na saúde das persoas, animais e plantas do seu entorno. Cando un grupo de investigadores da categoría de Victoria López Rodas e Eduardo Costas, catedráticos da UCM, recoñecidos expertos a nivel mundial en augas contaminadas, centran a atención nun tema en concreto é porque algo anormal está a pasar, e nas Conchas leva tempo pasando.

Pronóstico: ca situación actual, e a experiencia das mostras recollidas nestes últimos anos, principalmente dende o ano 2010, é fácil visualizar onde nos leva esta situación, e dicir, a peor. O noso enfermo, que neste caso é o encoro das Conchas, ten todos os condicionantes para empeorar día a día, se non se toman medias adecuadas de forma urxente.

Terapia: é o momento dos expertos no tema, eles aportan datos e experiencias fiables, que se poden comparar con situacións similares vividas en puntos diferentes do planeta, e así poder ver as consecuencias negativas a que os levou aquela situación. Con toda esa información de calidade, fiabilidade e validez, xa se poden deseñar metas retadoras, en base os seguintes parámetros: medibles; específicas; realistas; éticas; ecolóxicas; de contar con recursos e con tarefas específicas en tempo, modo e forma; dentro dun marco temporal, con indicadores de cumprimento, que indiquen que se vai por o camiño adecuado.

Tres son os actores principais, un no apartado científico e dous no económico: a) os expertos, no apartado científico, para deseñar as estratexias, que leven a cabo o cumprimento das metas establecidas. b) e Gas Natural-Fenosa e Confederación Hidrográfica Miño-Sil, como principais responsables da calidade das augas. Ten que aportar os recursos económicos necesarios, que permitan afrontar e solucionar este grave problema que afecta o encoro das Conchas.

Os tempos dos fogos de artificios, das boas intencións, de pórse de perfil, de esperar a que amaine ou de que a solución está en que chova máis, xa pasaron. O problema non está nas declaracións desafortunadas dun alcalde a un medio de comunicación ou na incidencia das notas de prensa dunha asociación, ou o efecto rebote duns ou doutros. Non desviemos a atención dos verdadeiros responsables, que son os que ten que solucionar o tema: Gas Natural-Fenosa, como concesionaria das augas, ten o deber de mantelas en perfectas condicións, e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que ten que velar por a pureza e conservación dos nosos ríos. Sen deixar de lado as responsabilidades do Goberno autonómico, Consellería de Medio Ambiente ou Medio Rural, goberno local e Deputación.

Te puede interesar
Más en Cartas al director