CURROS ENRÍQUEZ

Eu coñecín a obra de Curros (Celanova, 1851- La Habana, 1908) por mediación dun tío meu, labrego acomodado e estudado da Terra Cha, que tiña unha pequena biblioteca. O meu tío era anticlerical -igual que Curros- e gustáballe ler as denuncias contra a Igrexa, así como a ridiculización dos dogmas relixiosos que facía o poeta na súa obra, motivo polo que fora excomungado, a pesar de ser crente. E así foi como coñecín moi por riba algunha das súas obras: 'A Virxe do Cristal', 'Aires da miña terra', 'O divino sainete', 'A Rosalía',...
A Curros debería telo estudado na escola ou no instituto, porén daquela o ensino estaba totalmente castelanizado e a única autora galega que se mencionaba -ao final do libro e supercifialmente- era Rosalía de Castro. Os autores galegos había que lelos pola túa conta, se é que tiñas esa inquedanza. E, curiosamente, aquello que nos ocultaron é o que agora algúns máis valoramos, porque queremos ter fondas! raíces, que é un tesouro inmaterial.

Te puede interesar
Más en Cartas al director