a curva do cura

Son un asiduo lector do noso xornal La Región de Ourense, de feito, anque vivo a 60 kilómetros da capital, nun fermoso pobo enclavado na Serra do Leboreiro, do concello de Lobeira, fai máis de 30 anos que estou suscrito a iste xornal.
O que me leva niste intre a escribir estas líñas é baseado nunha crónica que saíu no xornal do día 2 diste mes de agosto na páxina 9, asinada polo respetable colaborador señor Lalo Pavón, titulada 'A curva do cura', que según él dí, baseándose nunha información facilitada polo amigo Casiano, a quen considero un gran amigo meu, di que esa curva gañou o nome a raíz do accidente de tráfico que llecostou a vida o señor párroco de Verea que circulaba por alí no seu Seat 600.

Nunca máis lonxe da realidade, o accidente efectivamente aconteceu, pero a víctima foi o cura da parroquia de San Xés de Lobeira, don Cándido Araújo, que era natural dun pobo da Limia Alta chamado Lobas, que ía ao volante dun Citröen dous cabalos daquiles que comenzaron a circular nos anos 60, pois de feito o acontecido foi nos últimos días do mes de marzo do ano 60, e o señor abade tivo a mala sorte de que na devandita curva, que anque mellorada aínda existe, e na mesma hai unha ponte e foi dela abaixo. Que deus o teña onde descanse, outro no meu caso diría 'que o parta un raio', porque se dera a circunstancia de que un mes antes tíñame casado a mín e a miña dona, que xa fixo desto 54 anos, pero valorados moi positivamente por ámbolos dous.

Te puede interesar
Más en Cartas al director