O delegado provincial do Medio Rural, unha persoa ’comprometida’ coa paisaxe natural

Na presente carta, e de forma moi breve, paso a expor públicamente o que o delegado do Medio Rural, nunha reunión sobre a parcelaria dun determinado municipio desta provincia aconsellou aos veciños: Tras a exposición dun flamante proxecto de parcelación ainda non decretado e xa adxudicado a unha empresa, un veciño pregunta: ’¿Qué podemos facer co arbolado?’. O señor delegado contesta: ’Por poder podedes facer o que queirades, eu cóntovos o que fixemos en Cartelle.
Alí todo o que valeu para cortar, cortámolo, e desta forma evitamos moitos problemas á hora de valorar as leiras’.

Despois deste ’consello’ podemos comprobar que o delegado é unha persoa ’comprometida’ coa nosa paisaxe natural.

Outro veciño ainda non satisfeito coa resposta, incidiu sobre a mesma cuestión, ao que o delegado contestou: ’Mire, polas árbores non vai ser. Se os veciños queren, que se corten; se non queren, non se cortan, a Consellería neso non se mete... O importante é que para o mes de marzo estean as pistas botadas’.

Con delegados así, non fan falta industrias que contaminen.

Te puede interesar
Más en Cartas al director