Depende de nós, porque lles votamos

Gustaríame entender o que pasa neste país, e racionalizar o que é a concordia. Leo detidamente os xornais e observo que o que se din uns a outros se computa matematicamente, é dicir, a quen me van votar, non podo defraudarlles. Pero aínda que escoitamos a uns e outros o que é evidente é que nos tramiten que este Estado democrático está tocado.
Profundando niso, un amigo dicíame que non vira semellante puxanza dos fachas á hora da importancia que se lles daba en todos os debates; outro me dicía algo similar ao que dixo María Emilia Casas: ¿Padecemos unha crise institucional?
Tomando a expresión, de Clara Bayarri: 'Eu discrepo pero non prevarico', creo que estamos a fomentar, uns e outros sen darnos conta, a división do que precisamente, e non quero equivocarme, é contrario á democracia. ¿Estamos a volver aos inicios, sen ter en conta que o fixemos? ¿Imos tirar por terra aquilo que a gran maioría de España decidiu, acatou e respectou que non é outra cousa que a democracia?
Señoras, señores, amigos, e partidarios da democracia, non lle imos permitir, aos que xogan cos números que nos equivoquen ou o pretendan sen máis razóns que dicirnos como exemplo, un 'hai unha sucia campaña contra a democracia e o Supremo, que pon en evidencia que o Goberno é bravucón, irresponsable e sectario', ou outro 'a policía cando persegue a presuntos delincuentes viva a policía e cando persegue aos seus presuntos delincuentes , aos delincuentes do seu partido, a policía é unha camarilla'.
¿Os políticos divídense nuns e outros? Eu discrepo. Fagámoslles entender que ademáis de votar a uns ou outros, somos, e estamos capacitados para definir que, a pesar da situación, a democracia é o que queremos e defenderemos sen ter en conta o que nos diten os números. Non lles deixemos nin a uns nin a outros que nos transmitan a sensación de que os nosos problemas democráticos dependen deles. O valor das garantías democráticas depende de nós, os votantes, non dos nosos políticos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director