DESAGRÁDANLLE OS PIROPOS

Pois non estou de acordo co señor Moncho Conde-Corbal e o seu artigo '¡Tía buena! y a la trena'.
E non estou de acordo porque inda recordo con anguria e indignación 'os piropos' que me lanzaban cando pasaba fronte a un grupo de mozos (normalmente ían en grupo). Eu podía ir soa ou acompañada das amigas, porque se non vas cun home, inda que vaian cinco mulleres, vas soa (onde ides tan soas? soíanche decir). Resultábame violento e desagradable, porque se metían contigo, porque non so te decían guapa, senón outras moitas cousas (a maioría das mulleres que lean esta nota poderían corroboralo). Sentíame indignada porque uns 'pelagatos' creran que tiñan dereito a meterse co meu cu, coas miñas tetas ou con outras partes máis íntimas, se cabe, da miña anatomía, en voz alta, en grupo, na rúa. Pero o peor de todo, o peor, era que por riba tíña que estar agradecida porque os homes se tivesen fixado en min.

Agora recomendaríalle ao señor Conde-Corbal que se puxese no lugar das mulleres ás que non nos gosta que nos 'piropeen', e que cando vaia so pola rúa teña que aguantar que, en grupo, e en voz alta, un grupo de homes comenten certas partes da súa anatomía, e por riba teña que sentirse orgulloso.

Te puede interesar
Más en Cartas al director