¿Un despiste pode ser motivo de prisión?

Eu sempre fun educado na idea de que as prisións son para os delincuentes, de aí que se me faga un pouco chocante que por ter un despiste ben sexa de maior ou menor calado e por tanto teña maiores ou menores consecuencias un poida terminar no mesmo lugar que os que rouban, matan, ou conducen os coches de xeito temerario.
A catástrofe do Alvia do pasado 24 de Xullo me fai reflexionar na idea de que si efectivamente se demostra que foi un despiste do maquinista e por tanto conleva cadea para este, haberá que encadear tamén ao que tivo o despiste de non por sistemas de seguridade requiridos na Alta Velocidade Ferroviaria para evitar que estes despistes humanos rematen en traxedia, tamén para os que tiveron o despiste de recoñecer o tramo Ourense-Santiago como tramo de Alta Velocidade, cando agora se di que non é Alta Velocidade. Os expertos recoñecen que Alta Velocidade é todo tramo o que se pode circular a 300 km/hora.

Me inquieta bastante a idea de criminalizar o maquinista dende o minuto 1 do accidente como único responsable por circular a 190 nun tramo limitado a 80, e a pregunta que me fago e a mesma que me fago cando circulo polas autovías galegas: ¿Como é posible que un tramo de alta velocidade recen rematado pode ter puntos limitados a 80? ¿Como é posible que o futuro AVE teña previsto circular por determinados tramos de vía feitos no século 19 para as máquinas de vapor? ¿Estaremos asistindo unha vez mais o vello mito de que os galegos unha vez mais somos de segunda, e as infraestruturas que se nos fan nunca teñen a calidade das do resto do estado?

Estas preguntas que me fago terían certa resposta si o menos alguén dos que manda tanto en ADIF, como no Ministerio de Fomento, se dignara a dar as aclaracións oportunas, deixando fluír a información de xeito transparente, e non dar unha vez mais a sensación de que se quere ocultar a

verdade, e todo isto a costa dun pobre home.

Supoño que levar un tren debe ser o suficientemente monótono como para nun momento determinado poder correr o risco de chegar a ter un despiste, e por tanto sen pretendelo orixinar un accidente do calado do Alvia do pasado día 24. ¿Quen non tivo algunha vez un despiste no seu traballo?, claro... un despiste nun peluqueiro che costa como moito un corte na cara ou cabeza, o dun barrendeiro que lle podes dar ca escoba a un veciño, pero claro a dun maquinista pode chegar a causar moitas mortes como pasou co tren, pero os tres son despistes en definitiva, e nunca se debería mirar a Francisco José Garzón como unha persoa temeraria que estaba a probar a canto era capaz de entrar na estación de Santiago o seu tren. Penso que tendo todas estas cousas en conta, e sen deixar de lamentar o sucedido, podemos sacar outras conclusións e un bo punto de partida para evitar que isto volte a suceder.

Te puede interesar
Más en Cartas al director