Discrepancia

Fai uns días publicouse no diario que vostede dirixe unha colaboración da súa redactora en Verín coa que mantemos unha sinceira amistade personal e respeto polo seu traballo na que, sin embargo, se transmite unha idea coa que discrepamos abertamente e que quixera comentar.

Traslúcese da súa lectura unha hipotética relación política que mantería o BNG coa equipa que forma o goberno municipal do PP en Verín. Incluso dando a entender que implícitamente mantemos unha especie de pacto na sombra.
Como voceiro do BNG en Verín quero desmentir radicalmente esta afirmación que o único que consigue é confundir ós electores agora que se aproximan as eleccións xerais.

De tódolos xeitos o que sí quero deixar claro é que tanto na oposición coma despois no goberno tripartito, coma agora de novo na oposición, no BNG o que sempre fixemos foi unha política de colaboración en defensa dos intereses xerais do noso concello. Baste decir, por exemplo, que xa nos anos 80 o BNG protagonizou as manifestacións masivas que reclamaban para Verín o Hospital. Que participamos directamente na elaboración da documentación necesaria para conseguir a D.O. Que fomos os responsables de que en Verín contemos cun plan de rehabilitación do casco histórico, así coma moitas outras actuacións sobre as que non me quero extender. E todo elo sen participar directamente no goberno municipal. A partir do ano 2004 as cousas cambian radicalmente porque o BNG accede ó goberno do concello e gracias a elo podemos decir que Verín, por exemplo... contará nun futuro non moi lonxano cun polígono industrial en condiciós así como un polígono de Pazos ampliado según os criterios dos empresarios alí instalados (que xustifica a nosa presencia naquel goberno e que o pobo de Verín nos saberá sin duda recoñecer).

Este ano houbo eleccións nos concellos e, a pesares da nosa significativa suba de votos estamos de novo na oposición, pero ainda así faremos todo o posible e non escatimaremos calqueira esforzo para que este Concello conte con todas as infraestructuras necesarias para este pobo, que dependan das nosas consellerías: Auditorio, arranxo do Camiño Real, Plan director pra recuperación do Castelo, ampliación da piscina climatizada, do espacio para a terceira idade, da escola de artes e oficios e de todo aquelo que sexa importante para este pobo sen mirar para quen estea gobernando e sen pararnos a calcular os votos que nos podería aportar cada obra.

Queremos o millor para Verín e mentras estea da nosa mau conseguilo, así o faremos, independentemente de que esta actitude poida ser interpretada como de aconchabamento con Xan ou con Pericán.

Te puede interesar
Más en Cartas al director