Dolores López rego

n n nChega a mala nova dende o Levante español. Unha moza ourensá finou días pasados. Era filla dun matrimonio de Ourense moi coñecido: Ángel López Cid e Rosa Rego Álvarez. O pai, funcionario do Instituto Nacional de Previsión, tivo que marchar pra Almería, xa que logo padecía unha enfermidade bronquial onde o noso clima facíao sufrir fortes crises. O Ángel era o irmán dos únicos que viven: o Virxilio, o Julio e o Rafa López Cid. A Rosiña -a súa nai- ten un irmán, o Alfonso, e moitos parentes, entre os que me encontro como curmán.
A Rosiña foi e índa é a 'embaixadora' de Ourense na Almería. Que a súa casa foi sempre un lugar de acollida e de facer moitos favores a quen llo pedían.

A mala nova, por esperada, endexamais era desexada. Inda estivo a Dolores coa súa nai e unha irmá fai poucos meses na miña casa, xa que logo esta querida familia que hoxe chora a un ser tan querido, viñan a Ourense unha ou dúas veces no ano.

Sabíamos toda a familia da súa doenza, pro sempre se vive coa esperanza de que non chegue este momento de tanta tristura. Poucas palabras máis. Soio que un ten a certeza de que a Patrona de Almería, a Virxe do Mar, a levara cara a Casa do Pai, e dende estos días haberá unha estrela máis no Ceo no que ela creía. Que descanse na paz do Señor e o noso sentido pesar ao seu marido, a súa nai e aos seus irmáns cos versos de poeta: 'Porque Tú lo mandas/ porque Tú lo quieres,/ bendita sea Señor/ la mano con que nos hieres'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director