Educando no tempo presente

'An inconvenient truth', unha verdade incómoda. Así titulou Al Gore no 2006 o seu documental sobre o quecemento global.Si, fixeron falta evidencias para que o ser humán se dera conta e tente por solucións aos ecocidios, consecuencia da súa propia man. Estes danos ambientais irreversibles poderíamolos comparar cos feitos polos especuladores nos últimos tempos e que nos levaron a crise económica mundial.
Ao igual que no medio ambiente, neste eido volvemos a por solucións, aplicando medidas subsanadoras de erros cometidos en lustros pasados. Pero, ¿non podíamos ter visto o problema antes de ter que amputar?, parece que a infección podreceu xa varios membros e de ahí a chegada de torniquetes: conxelamento de salarios, abaratamento dos despidos, subida dos impostos, inaccesibilidade ao crédito bancario, recortes nos servicios públicos, en definitiva, atentar continuamente contra o well-being social.

É preciso que desde outras áreas (sanidade, educación, servicios sociais), vexamos xa as evidencias e busquemos solucións preventivas eficientes para mudar o rumbo. Porque cada cambio de goberno trae asociado un cambio lexislativo en materia educativa, porque desde as familias se baixou a garda no seguimento e control diario, porque o novo profesorado ten que desenvolver tarefas para as cales non está especializado, e porque o alumnado cada vez se atopa máis desmotivado e presenta baixos niveis de esforzo. O retroceso experimentado polo valor do esforzo e as variables asociadas a el, motivación, traballo, sacrificio, disciplina, autonomía? provocan a chegada de xeracións acomodadas, reactivas, de baixos destellos de creatividade, e pouco compromiso social e cidadá.

Por iso estamos na hora de analizar ben o contexto, de aunar esforzos coordinadamente entre os axentes que configuramos a comunidade educativa, so deste xeito os nosos rapaces e rapazas respostaran as demandas dun mercado en continuo cambio.

Basta xa de torniquetes ou de porlle chatas á obra, que como nos diría Castelao, ainda non está rematada, está nas nosas máns amasala, modelala e métela ao forno.

E non esquezamos que neste tempo de crise global existe un proceso de evolución das especies onde os que sobreviven a mesma non son os máis grandes, nin os máis fortes, senón os que mellor se adapten.

Ánimo, comunidades educativas, é tempo de valentía e traballo.

Te puede interesar
Más en Cartas al director