encontro de educadores en viana

Lembranza moi emocionante para o vianés Suso Rodríguez Xares.
En Viana, durante os días 26, 27 e 28 de abril, celebráronse unhas xornadas interesantísimas, e tamén moi amenas -o 'XXVII Encontro galego-portugués de educadores'- no I.E.S. Carlos Casares de Viana. Foron impartidas por catedráticos, profesores e persoeiros moi cualificados; as persoas de Portugal, estupendas. A todos, a noraboa máis merecida. Actos coma este debían de promocionarse máis e terse moi en conta. ¡Emocionante a clausura!

Na casa natal do vianés Suso -introductor do 30 de xaneiro do 1983, ate setembro do 2008, data do seu pasamento-, como día da paz, tanto no colexio García Barbón de Vigo, como anos despois foi catedrático de Didáctica e O.E. na Universidade da Coruña. Loitou pola paz tanto no ensino como na vida. Educación para a verdade e a esperanza. Sen odios nin rencores, con diálogo, xusticia, verdade, alegría, colocouse unha placa lembrándoo, para o que houbo verbas sentidas, emoción e compenetración entre todos os presentes. Seguidamente, na praza tivo lugar a largada da pomba, acompañada pola banda de gaitas do Concello.

Te puede interesar
Más en Cartas al director