Excesivo peso nas mochilas dos escolares

Hoxe en día fálase moito de que os alumnos levamos moito peso na mochila, pero ninguén fai nada para remedialo. Cada alumno ten cinco ou seis asignaturas ó día, como mínimo, para as que normalmente hai que levar un libro e un caderno. Todo isto engadido ó peso extra que algúns alumnos levan (estoxos, axendas, etcétera) pode producir problemas de costas a longo prazo.
Nós temos sobre trece e catorce anos e como moitas outras persoas levamos soportando desde pequenos moito peso. Isto está comprobado porque xente que vai en primeiro ou segundo de primaria leva case tanto peso coma nós. Algúns países xa puxeron remedio a este problema. En Italia aprobouse unha lei pola cal limítase o peso da mochila dos escolares.

Aquí, en España, tanto alumnos como profesores, asociacións de pais e autoridades sanitarias reclaman que se siga o exemplo italiano, ou ben que se poñan taquillas nos colexios e institutos.

Se agora que somos nenos xa temos problemas de costas, ¿cómo estaremos nun futuro non moi lonxano?

Te puede interesar
Más en Cartas al director