Fai falta cambiar as leis

‘Basta xa’, un grito pronunciado demasiadas veces. Quen teña a responsabilidade de lexislar para que outros apliquen as leis, que se dean conta que fai falta cambiar, pois está suficientemente demostrado que non nos vale darlle solución a un problema tan grave como é o do terrorismo.

Son demasiados mortos, feridos, viúvas, padres que lle arrebatan os fillos, que é o máis sagrado, e nenos orfos que nunca entenderán polo que asasinaron os seus pais, por defender a seguridade e a liberdade.

Ante tanto sufrimento, tanta manifestación e tanta ineficacia pola parte de quen ten o deber e a responsabilidade de garantir a seguridade dos seus cidadáns, debemos de ser nos, có noso voto, os que coloquemos a persoas capaces de darlle solución: é unha oportunidade que temos cada 4 anos.

Como español, sento rabia ante tanto dereito e privilexio para os que asasinan, como as reducións de condenas e os cárceres que en nalgúns casos son mellores que moitas vivendas de moitos españois honrados e traballadores.

Te puede interesar
Más en Cartas al director