Faustino Santalices, o Nostradamus galego

Non aforredes cadela/ qu´esta vida é pra gozar,/ e xa que a vida é tan curta/ vale mais non aforrar. / Se por sorte tedes cartos / meteinos en huchas vós,/ porque gardalos nos bancos/ é gardalos pros ladrós./ Non aforredes, vos digo,/ amigos e forasteiros,/ qu´é fagerlle o caldo groso/ aos honrados pistoleiros.
Estas cuartetas ben podía formar parte das Centurias de Nostradamus (Michel de Notre-Dame, publicadas en 1555) vaticinando a debacle do sistema financieiro europeo e en particular do español, mais foron cantadas ao son da zanfoña polo noso inigualable Don Faustino Santalices, o día 20 de maio de 1933, día sinalado da fundación da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, promovida por Don Luis Fábrega, do que se acaba de cumprir o oitenta aniversario. Interpretounas no banquete-convite que se tivo na Alameda do depósito de augas do Loña, en honor ao director xeral de Traballo, delegados da Asamblea Nacional de Caixas de Aforros e persoalidades que os acompañaban, e como bon xograr, armou as súas inxeniosas coplas cun tantiño de loubanza e outro chisco de crítica e retranca galega.

Contrasta a euforia e satisfacción daqueles momentos iniciais e que reflexaron os xornais, ca deriva, o desánimo e desconfianza contra a clase financieira que rexen os tempos actuais.

Te puede interesar
Más en Cartas al director