Feijóo, o Willy Fog galego

Despois de varios días sen ver a Feijóo por Galicia preguntábame dónde estaba o presidente da Xunta para defender aos parados galegos dos ataques dos deputados do PP que insultan ós desempregados mentres aplauden 'emocionados' que se lles recorte a prestación e se elimine o subsidio especial para maiores de 45 anos.
Loitar contra unha Lei de Costas que fire de morte ao noso litoral e que pode supor que Ence prolongue 75 anos máis a súa estancia na ría de Pontevedra. Rebelarse contra a eliminación da paga extra e a perda de días moscosos de médicos, bombeiros, policías, administrativos... que verán reducida a súa capacidade adquisitiva e que están sendo denostados por un Goberno que, recoñecido por él mesmo sen sonroxarse, 'ten como obxectivo asimilalos ao sector privado'.

Mirarlles a cara ás nais e pais que tiveron que abandoar o seu posto de traballo para coidar do seus fillos enfermos, e decirlles eso de que 'viviron por encima das súas posibilidades' coa Lei de Dependencia, e que a partir de agora se lle eliminan as cotizacións á Seguridade Social e se lle reduce un 15% o seu salario. Dicir un non rotundo á disminución do 30% da renda de emancipación que fará que moitos mozos e mozas, aos que o Goberno xa mantén abandonados no medio da tormenta financieira, teñan que volver a casa das súas familias. Apoiar aos traballadores que están sufrindo as consecuencias dunha ineficaz e inxusta reforma laboral. Criticar que se permita facer rebaixas en calquera momento, e abrir os establecementos ata un máximo de dez domingos ao mes, o que abocará aos traballadores das grandes superficies a conciliar aínda peor a súa vida familiar coa laboral e ao 'aplastamento' dos nosos pequenos comerciantes.

Pois ben, quedei coa boca aberta ao ver no xornal que en lugar dun representante do pobo, en Galicia temos un presidente da Xunta que aspira a convertirse en Willy Fog . Resulta que coa que está caendo,Feijóo marchou a recorrer América para ir de comida en comida cos emigrantes galegos e traer para aquí votos para as autonómicas. Pois si, mentres Rajoy garda o seu programa electoral nun caixón e desterra a súa ideoloxía para gobernar, sementando o sufrimento e a desesperación en millóns de cidadáns, o seu fillo político da a espalda aos galegos e galegas marchando de xira coa 'orquesta menudo panorama' para escapar da impopularidade e das protestas na rúa.

Te puede interesar
Más en Cartas al director