feira castelá no casco histórico de ourense

A fin de semana pasada no Casco Histórico da nosa vila podemos gozar dunha actividade excepcional, unha vida que ben podería durar todo o verán e que, entre postos artesanais e pasarrúas, fan os seráns moito máis ledos a cativos e maiores. Vivimos a chamada Feira Medieval. Encántanme este tipo de festas, xa que polo xeral pódense ver tanto produtos coma actuacións ou pasarrúas de boa calidade e que acentúan o atractivo turístico que tanto nos custa fomentar en Ourense.
Unha mágoa que non todo sexa como podería ser para redondear tanta algaravía. Dando un paseo polas estreitas rúas de Bispo Cesáreo ou Colón podemos oler o arrecendo de queixos manchegos ou falar un anaco con excepcionáis feirantes burgaleses que sempre teñen unha anedota que che arrinca un sorriso. Enseguida podemos olvidar que durante o medievo, o Reino de Galiza era bastante diferente. Dende a dinastía sueva até a incorporación ó Reino de Castela pasando pola breve alianza con Fernando I de Portugal, asemella que a verdadeira natureza medieval do país pérdese entre letreiros de 'mojitos y pan pizza' escritos en perfeito castelán.

Unha cultura de letras e artes e, sobre todo, música, perdida nunha subcontrata, para non perder o novo costume, que ben podería ser substituida polas diferentes asociacións culturáis que inundan a nosa provincia. Só fai falta unha fin de semana para perder dez séculos de historia e cultura.

Te puede interesar
Más en Cartas al director