HEROES SEN RECOÑECEMENTO

Adoito irme cedo pra cama.
Deitado escoito música e/ou leo un libro. E unha costume que me relaxa, logo de arrastrar a miña maltreita osamenta e parvear durante o día. Na noite de hai dous domingos, estoupidos de bombas de palenque, bociñazos, berros, cánticos, interrumpiron o meu debandito relaxamento. ¿A qué tanta xolda? ¿Por qué ise xúbilo? ¿Era a benvida a Frau Merkel, disfrazada de Mr. Marshall, traindo moreas de euros, a fondo perdido pra aliviar a febre recesiva? ¿O fín do túnel do paro e de apreturarse o cinto? Non teño dúbida que posúo moita imaxinación, tanta que estou sempre esposto a me xogue unha mala pasada.

Toda aquela marabunta de ruidos tiña a súa orixe nun resultado dun partido de fútbol. A selección española había conquerido a Eurocopa. A filmación dun orgasmo coletivo. A fotografía dun patriotismo sublimado. A prescripción da única droga tolerada (o fútbol). O papanatismo, do que falaba Don Nicanor, que leva a multitude a idolatrar a uns profesionais, que cobran por xogar, e certamente cuns honorarios de escándalo. ¡Heroes de paga!

¿Por qué non aclamamos a aqueles héroes non tan anónimos, que nos deron vida, unha educación, un camiño con tanto esforzo? Heroes que no ocaso da sua propia vida, lles recortamos benestar, suprimindo servicios, obrigandoos ao copago farmacéutico. Por non falar daqueles que xa non teñen nin pan pra levar pra casa. Pobo curioso iste que pasa dende a indinación a resinarse a no ter presente nin futuro. ¡Ai, iso si, somos campeones, oé, oé, oé..

Te puede interesar
Más en Cartas al director