O HOME QUE SABIA LATIN

n n n.'Lo que de raíz se aprende nunca del todo se olvida' (Séneca).
Sendo eu un mal estudante, abofé que tiven grandes maestros. Os mellores foron aqueles que forxaron a súa pedagoxía dende a Institución Libre de la Eseñanza. Mestres represaliados que tiveron que ensinar en academias privadas. O seu alumnado examiñabase por libre perante o profesarado do único Instituto existente nista na cidade: o do Posío. A devandita modalidade esixía grande esforzo pra educadores e pupilos.

Fun un afortunado en cursar o bacharelato elemental no centro Estudios Galicia. Gardo pra aqueles profesores unha perdurable gratitude, e véñenme a memoria fervenzas de lembranzas. O outro asistín a un enterro na parroquia de Orga, nas fermosas terras do Concello de Celanova. Cando souben onde tiña lugar o funeral e enterro dun labrego bó e xeneroso, coma Don César Casas, veume acordanza de Don Severino del Río (o Señor Dorrío pra todos), enterrado alí mesmo. Impartía clases de gramática castelán e latín: nas aulas, na rúa. Grande pedagogo coma orador. Na rúa adoitaba levar un libro debaixo do brazo. Na aula trocaba o libro por unha poliña de vimbio, pra lembrarlle ao alumno descoitado que 'intellectus apretatus, discurre qui rabia'.

O meu pai delegara naquel sabio a miña tutoría nos estudos. Non lle correspondín a sua confianza. A vida malonxaría das filosofías orteguiana e nietzcheana, das que quería imbuirme. Non podía eu estar no rol de intelectual espectador, cando os meus compañeiros de pupitre loitaban, con riscos de prisión ou morte, en contra dun réxime autoritario. Eramos, entón, a masa que tanto aborrecía Ortega y Gasset, encadrada en organizacións sindicais ou políticas que rexeitaba Nietzche. O postreiro encontro que tivemos, aló no ano 1970, fói dunha despedida (ibame eu cara México) destemperada na sua casa da rúa Dr. Marañón. Nembargantes, seguín profesándolle admiración e respecto.

Aquel aprendizaxe dunha lingoa morta recobrou vida anos dispois ao ter que acudir aos grandes xurisconsultos romanos Ulpiano, Escévola, Paulo, e outros máis. Emocinoume ao ver a placa adosada na fachada principal do templo parroquial: 'Hic pace Christi dormit/ Severino Del Río García, XXIII V MCMLXXVII'. Fermoso epitafio en latín pra un home que sabía e ensinaba maxistralmente latín.

Te puede interesar
Más en Cartas al director