o iev e valentín paz andrade

O Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV) ten a honra de contar no seu cadro de de 'Valdeorreses Ilustres' cun dos homes máis comprometidos con Galicia: o xurista, político galeguista, poeta e escritor Valentín Paz Andrade; nomeado no seu día xunto a otros dous intectuais de recoñecido prestixio, Lauro Olmo Gallego e Florencio Delgado Gurriarán, e o médico e humanista doutor Manuel Pérez Lista.
Cando escribía don Valentín ao IEV aceptando o devandito nomeamento, verteu verbas emocionadas, quizáis lembrando con nostalxia aqueles anos de desterro, e decía: 'Estou profundamente conmovido pola xentileza do Instituto de Estudos Valdeorreses, ao me nomear membro de mérito na nacente institución (transcurriron 35 anos), chamada a unha grande obra cultural. Penso que ven a encher un valeiro que se deixaba sentir, nunha comarca de tan antiga raiceira histórica e tan nobre prestixio inspirado pola terra e pola xente. Meu agradecemento por este xesto de fidalguía e xentileza para conmigo'.

Non son eu o máis indicado para falar do Valentín Paz Andrade escritor, ensaísta, poeta e xornalista. Nin do Paz Andrade político, comprometido sempre con Galicia.

Falecido don Valentín quedou para manter viva a súa memoria a sua viúva, a valdeorresa dona Pilar Cilda Rodríguez Prada (Pilar, incluso Cildita para os que témola honra de ser seus amigos). Ela segue rendindo culto o seu marido, gardando como tesouro que é as súas cartas, os seus recordos personais, as vivencias malas e boas que lles tocou vivir nunha época tan comprometida, que soio os valentes coma el souberon superar co corazón tantas veces ferido. Ela foi a compañeira dun gran galego ó que o Instituto de Estudos Valdeorreses nomeou, primeiro 'Membro de Mérito', e máis tarde, o falecer, 'Valdeorrés Ilustre'.

Grazas, Valentín, polo teu compromiso con Galicia; gracias, Pilar, por cuidar e protexer o legado desde home bo e xeneroso.

Ogallá que nos vindeiros anos a Real Academia Galega lembre e adique o Día das Letras Galegas o tamén avogado, galeguista e poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, outro home bo e xeneroso.

Te puede interesar
Más en Cartas al director