A lagoa dos Milagres

A ineficacia do BNG chega ata tal punto que, dependendo da Consellería de Medio Rural (co señor Suárez Canal á fronte) e do noso Concello, tamén presidido polo mesmo partido político, lévanse a cabo unhas obras, sen permiso, na lagoa dos Milagres que provocaron un desastre ecolóxico, que é cualificada polo Seprona como un delito contra a fauna e a flora.
Todo isto é debido a que a xente que se ten que preocupar das obras ilegais e do noso patrimonio natural ten outras misións máis importantes, como... a vixilancia do Castelo... ¡Será para que non queimen os contadores da luz! Señor Oviedo, déixese de ’titiritadas’, déixese de promesas electoralistas, e céntrese máis na vila e nos veciños e nos seus problemas porque esa é a súa función, saber e solucionar os problemas de Maceda... por eso que vostede vive ahí... ¿ou non?

Te puede interesar
Más en Cartas al director