a lenda Do frade mariano

Tener fe es creer en algo que se sabe que no es cierto' (Mark Twain).
Vendo que os meus ingresos profesionáis non son quen de alixeirar a miña maltreita economía, decidín solicitar a miña pensión da xubilación. Recoñezo que as previsións feitas polo presidente do Comité de Expertos, creado polo Goberno, nunhas declaracións a un xornal, influiron na miña decisión. Millor cobrar un poco hoxe, que non cobrar nadiña no día de mañán. Instintivamente acordeime da miña laboral. Nín que houbera feito o voto da pobreza!

Lendo un documento de reflexión da Comisión Episcopal de Pastoral Social, dependente da Conferencia Episcopal Española, sobre a espiritualidad cristián e a pobreza, axiña me decatéi que ainda sendo pobre, endexamáis améi tal condición. Cheguéi á conclusión que o debandito sentimento era coto pra relixiosos ou prohombres camiño da beatificación. Penséi, entón, na Lenda do Frade Mariano.

Tendo coma tiña un posto ben pagado, coma funcionario de élite no seu país, renunciou a el ao reservar a praza en réximen de interinidad, pra que os ingresos foran a parar a un amigo menesteroso ou a seu colexio profesional, e, asi, adicarse ao ben común, que ben se sabe que é un oficio mal pagado, coma , tamén, diana de envexas , enconos e enxurias. Máis de vinte anos servindo á Patria cun voto de pobreza, habendo traballado vintecinco meses efectivos na sua profesión, na que tantos cartos gañaba! Abandeirado da pobreza predicóu a súa grei a necesidade de facer tal voto, promovendo políticas de austeridade, coma recortar os gastos suplerfluos que aniñan na sanidade, a educación, a cultura e na insolidaria actitude dos desempregados e os pensionistas. Ainda atrona a sua voz, cando dende o Monte da Moncloa recitóu a Lucas (6: 17 20-26): 'Bienaventurados los pobres, porque vuestro es el Reino de Dios' (fin de la cita). Non quixo, por educación, engadir, 'e os ricos que se jodan'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director