lorenzo varela

Naceu en 1916, nun barco que entraba no porto da Habana, fillo de emigrantes orixinarios de Monterroso (Lugo). Pasou a infancia en Buenos Aires e a adolescencia e mocidade en Lugo, onde estuda o bacharelato. Participa na fundación da Federación das Mocidades Galeguistas, conxugando o nacionalismo co marxismo, según comenta del Ramón Piñeiro.
Estuda Filosofía e Letras en Madrid e participa nas 'Misiones Pedagógicas'. Afíliase ao Partido Comunista e exerce de comisario político durante a Guerra Civil, mandando unha brigada baixo as ordes de Líster.

Perdida a guerra, pasa a Francia e dalí a México e máis tarde a Buenos Aires, onde se instala. Publica Torres de amor, Catro poemas para catro gravados (dentro do álbum María Pita e tres retratos medievais, con ilustracións de Luís Seoane), Lonxe,...

Instalado en Madrid, falece en 1978. No 2005 adícaselle o Día das Letras Galegas. Del son estes versos, nos que fala da emigración: ¿Quen son eu, quen me trouxo, / quen me ten de levar? / Lonxe quedou o muíño, / tamén lonxe o piñeiral.

Te puede interesar
Más en Cartas al director