OS MAIORES, ABANDONADOS

Case todos están máis cerca dos 80 anos.
Traballaron arreo para sacar as súas familias adiante e así facer que aquela Galicia de fai máis de 60 anos teña pouco que ver coa actual. Logo dunha vida de traballos e esforzos tócalles descansar e disfrutar do seu tempo, das súas familias, das súas pequenas pensións, e aínda se quedan a vivir na aldea porque é a súa vida e non queren ver morrer algo seu. E cada día saen nos xornais noticias de anciáns do medio rural galego (que dende tódolos grupos políticos din que defenden, sin ser certo) que son asaltados nas súas vivendas, que lles rouban os seus poucos cartos e pertenzas, e deixánnos cunha sensación de total desamparo e indefensión. E como son xente acostumada a sofrir, resígnanse, e se non ten que ir a un centro hospitalario, e o medo lle-lo permite, continúan no seu pobo.

Os corpos e forzas de seguridade parecen ser insuficientes para tratar de minimizar estes episodios, quizais lles falten medios. Os responsables políticos das distintas administracións semella que prefiren 'protexer' ó político de turno que vai a calqueira acto (¿protexelo de qué?, ¿qué fixo para ter que ser protexido dos cidadáns que o elexiron?) e aquí non escatiman en medios. Este acto será visto na televisión por eses maiores.

Te puede interesar
Más en Cartas al director