MEU AMIGO GERARDO

n n nLeo en La Región o pasamento de don Gerardo Salgado Valdés. Non por esperado faime menos dano. Estivemos antes do vran na porta norte da Basílica-Catedral. Íl viña á misa do cabildo, eu saía da do Santo Cristo en galego.
Éramos vellos amigos. Íl de Sobrado do Bispo, eu de San Pedro de Moreiras. Sorríamos moito cando lle decía que logo da fogueira do 36 os do seu pobo roubaban as piñas e as carqueixas de Moreiras. 'Non, Manolo. Era pra limpar os montes...'.

Fíxeno director do Orfeón 'Unión Ourensá'. Logo, cando voltei á presidencia, nomeeino de novo director, e espeteille: 'Mira, Gerardo, non me obrigues que te nomee por terceira vez'. Eramos íntimos amigos, íl apreciábame moito, co cal eu correspondía. Boa persoa, bo crego, magnífico músico-compositor e organista do noso primeiro templo.

Fixemos varios viaxes co Orfeón por Galicia e Portugal. Sempre que me ollaba decíame que a cultura ourensá tiña unha débeda conmigo. Eu tomaba de coña esa aseveración que sei que era sinxela.

Agora foise prá Casa do Pai. Elí nos veremos logo. Falaremos de música. Botareille o botafumeiro, porque era merecente. Adeus amigo Gerardo. Graciñas por todo o que fixeches pola música e polo Orfeón.

ATA LOGO...

Te puede interesar
Más en Cartas al director