MILITARIZAR A TRIBU

n n nO termo tribu foi moi usado polo exército africanista que se sublevóu contra a II República. Con il chamaban a todo inimigo da Patria. Fái unhas xornadas, o vocablo, cunha connotación peiorativa, rexurdiu na prensa pola boca do Sr. Utrera Molina (exministro franquista e sogro do ministro Ruiz Gallardón). Parafrasóu ao dictador: 'Se alguén pretende rachar a unidade de España, o espíritu da Lexión estará sempre contra a tribu'. Manifestacións feitas nun contexto fascista chamando as portas dos cuarteles.
Carmen Franco na sua páxina oficial de twiter vociferaba: 'O exército non pode continuar calado, perante a deriva de España, hoxe en máns de mafiosos e traidores'. Son conscentes das suas verbas? Manifestacións diste xeito sairon do tribuno Calvo Sotelo na data do 16 de xuño do 1936 nas Cortes Republicanas, que tan tráxicas consecuencias trouxeron pra iste pais. E que dí o ministro da Defensa, Morenés? Atacar a tribu? Non oh! É millor, militarizala. O devandito ministro ven de presentar a sua Memoria del Análisis del Impacto Normativo (10.09.2013). A sua finalidade é regular o servicio noutras Aministracións Públicas alleas a Administración Militar. En sintese, trátase dun proxecto de trasladar oficiais militares a Administración Civil do Estado.

Segundo o ministro, os obxetivos son a optimización e eficencia na xestión dos recursos humáns entre as Administracións Públicas, e exportar e intercambiar os coñecementos e valores do persoal militar ao resto das demáis administracións.

Un dos maiores investimentos contidos nos Presupuestos Xerais do Estado é pra Defensa. Caseque 6 mil millóns de euros. A maior parte da tarta é pra gastos correntes de persoal. Temos un exército macrocefálico. Pra istes catro anos prevense unha reducción nas escalas de oficiais e suboficiais, que pra ano 2018 haxa 219 xenerales, 8.457 oficiais e 15.831 suboficiais. Segundo expertos temos un mando por cada dous soldados. Ao conxelar as ofertas do emprego público, as vacantes poderán seren cubertas por oficiais do Exército, que van contaxiar aos demáis empregados públicos as suas virtudes fudamentáis: disciplina, valor, prontitude na obediencia e exactitude no servizo, e amor ao mesmo. Vaian, pois, lendose as Reais Ordenanzas os afortunados funcionarios, que ainda manteñen o seu posto do traballo, no que se volverá a moda da gabardina (Defensa ven de licitar a merca de 40.000 gabardinas pra os futuros 4 anos).

Se imaxina vostede, sufrido contribuinte, atoparse cun Sarxento Arensivia, célebre personaxe de Ivá, ai iso si con gabardina, nunha inspección da Facenda? 'España pronto asombrará al Mundo' (Montoro dixit).

Te puede interesar
Más en Cartas al director