¡moitas gracias!

Como somos unha familia agradecida e que nos gusta o trato con persoas, sexan brancas, bermellas ou negras, hoxe temos a obriga de darvos públicamente as gracias aos concelleiros do Bloque de Viana por ter a 'deferencia' de querer darlle a 'Androlla de Ouro' ao noso fillo Ignacio, gran antroideiro, e amante da vila, das súas costumes... de revivir as esquecidas, as pasadas... creativo, gran 'manitas' e crítico coas 'chafalladas' que se cometen en monumentos da vila, somentes nomear o vergonzoso axeitamento da torre do 'castelo' (vese ben), etcétera.
Vai preto dun ano que non está connosco. Dinde a súa estrela tamén agradece o voso recordo. ¡Gracias! Tamén sabedes que nós non somos de 'colgaxos', chéganos, con por interés en facer o mellor que podamos as cousas. Seguimos a pensar que o importante é a satisfacción do deber cumplido.

Moitas gracias e que sigades coa ética que tedes, e loitando pola verdade, xusticia...

Te puede interesar
Más en Cartas al director