MONARQUÍA OU REPÚBLICA?

El-Rei ten defendido a democracia fronte aos involucionistas, porén aínda así a institución monárquica é ben rancia e, con frecuencia, belicista. A República federal sairía cara, no entanto, sería moito máis democrática e xusta para os pobos do Estado. E o duque de Palma fainos ver claro que non hai nada como ter que responder ante ante a xustiza e ante o pobo. Historicamente, a dinastía borbónica deixou bastante que desexar; destaca quizáis o ilustrado Carlos III, a pesar de continuar co proceso castelanizador e de represión lingüística.
Durante a I República española, que durou un ano, separouse a Igrexa do Estado, repartíronse terras entre colonos e arrendatarios, aboliuse a escravitude, limitouse o traballo infantil, decretouse a obligatoriedade e gratuidade do ensino secundario, ampliouse o dereito de asociación, reduciuse a xornada de traballo. A II República foi igualmente fructífera: separación Igrexa-Estado, estatutos de autonomía, voto feminino...

Ámbalas dúas foron épocas convulsas, porque se fixo moito en pouco tempo e boa parte da poboación nin o entendeu nin o aceptou. E tamén porque había grupos que aínda querían ir máis rápido e máis lonxe, e apenas se garatizaba a orde pública.

Te puede interesar
Más en Cartas al director