MORRER POR ALGO OU POR NADA

Primeiro.- Ogallá fosen eses energúmenos os que afogaran, borrachos, imbéciles, irresponsables, e non os que, sen merecelo, se prestaron a axudalos.
Segundo.- Sinto rabia, carraxe, dor, angustia, e sobre todo ganas de coller polas orellas a todos eses politiquillos mexapías que non teñen o que hai que ter para impedir que pandillas de anormais se emborrachen día si e día tamén, sen que pase nada, poñendo en perigo a súa vida (o que non me importa nada), pero tamén a doutras persoas, como ocurriu na praia de A Coruña.

Señores alcaldes, ¿paga a pena mirar para outro lado, permitir botellóns de borrachas e macarras, deixar que estraguen o mobiliario urbano, que deixen parques coma cortes (ahí é onde tiñan que estar, en cortellos) por un puñado de votos, polos votos duns centos de mozos sen cabeza, paga a pena? ¿Paga a pena que xentiña inocente morra por tentar salvar a estes 'anormais'?

Pois non, non paga a pena, e só desexo que a inxusta morte deste herois sirva para algo. ¿E para que? Para que dunha vez por todas se prohíban estes botellóns sen alcohol e drogas, para que se persiga a irresponsabilidade destes animaliños sen cabeza, para que non se permitan estas borracheiras colectivas de adolescentes con total impunidade, dende que entran no súper (alguén ten pensado dunha vez vixiar a venda de alcohol, sancionar a quen o fai, requisar esas bebidas?) ata que deixan prazas, xardíns, rúas, paseos, praias 'coma unha esterqueira'. ¿Pero, que se pode agardar dun burro? Couces.

Fagan algo, por favor, para que a morte destas persoas sirva para algo, e para que as súas familias lle atopen sentido ao que fixeron por quen non o merecía.

Te puede interesar
Más en Cartas al director